O pasado venres, día 15, sufrimos unha avaría grave que afecta aos sistemas de almacenamento de datos da Universidade de Santiago de Compostela (correo electrónico, aplicacións en liña, carpetas compartidas, ...). Esta avaría está sendo tratada polo persoal técnico da Universidade e da empresa responsable do mantemento. As previsións establecen como prazo de solución definitiva o mércores, día 20.
Durante hoxe e mañá iranse incorporando diferentes servizos, a medida que se vaian arranxando. Xa está operativa unha rede WiFi aberta chamada USC-temporal.